Aumentan as vítimas do terremoto de Marrocos e as críticas ao Gobeno pola tardanza en reaccionar
Aumentan as vítimas do terremoto de Marrocos e as críticas ao Gobeno pola tardanza en reaccionar
O número de mortos aproxímase aos 3.000 e os feridos superan os 2.500, segundo os últimos datos oficiais
Aínda permanecen illadas e os propios veciños teñen que recuperar os cadáveres
Nas últimas horas rexistráronse ata 7 réplicas, a máis forte, de 4 graos
A terra segue tremendo no sur de Marrocos. Nas últimas horas rexistráronse ata 7 réplicas, a máis forte, de 4 graos, que sentiron nas aldeas próximas ao epicentro do gran terremoto do venres á noite.
A pesar desas réplicas, os equipos de rescate continúan buscando baixo os cascallos, aínda que cada vez é máis improbable atopar sobreviventes.
Nas aldeas que aínda permanecen illadas e onde non chegou a axuda gobernamental son os propios veciños os que utilizando picos e pas intentan recuperar os cadáveres.
"O Goberno non veu. Despois do terremoto viñeron contar o número de vítimas. Desde entón non queda nin un só. Nin Protección Civil, nin forza de asistencia. Ninguén está con nós" di Mohamed, residente da localidade de Imoulass.
"Sentímonos completamente abandonados, ninguén veu axudarnos. As nosas casas derrubáronse e non temos onde ir", explica outra veciña.
Desprazarse en vehículo pola zona devastada é moi complicado, por iso moitos sobreviventes baixan ás estradas para pedir axuda e conseguir alimentos.
A axuda chega a contagotas e moitas veces provén da solidariedade de particulares.
Transportan nos seus propios vehículos todo o que poden, latas de conserva, pan, leite, queixo, roupa e mantas, ata os puntos de repartición situados á entrada das vilas.
O número de mortos aproxímase aos 3.000 e os feridos superan os 2.500, segundo os últimos datos oficiais.