Cargando resultados...
Mercado de decoración de Nadal con produtos elaborados a man
Adornos feitos á man e con elementos naturais
Decoración artesanal feita con froitas
G24.gal
26/11/2021 21:02
Adentrámonos nun mercadiño no que semella viaxamos a un dos mercados europeos típicos do Nadal. Non falta detalle, nin sequera o viño quente e especiado, pero o gran protagonista é a decoración de Nadal, coroas, ramos ou adornos totalmente artesanais.
A súa organizadora é Ángeles Astorgano. O seu equipo elabora a man e con materiais 100% naturais todo tipo de adornos, mesmo decoracións feitas con froita, tal e como se facía antes.
Este mercado, que celebra xa a súa cuarta edición ten unha grande acollida entre o público que valora o feito á man.