Publicador de contidos
Publicador de contidos

Meta modifica a súa política e permitirá denominar "enfermas mentais" as persoas LGTBIQ+

Meta modifica a súa política e permitirá denominar "enfermas mentais" as persoas LGTBIQ+

Eliminouse unha parte da normativa na que se especificaba que estaba prohibido referirse ás mulleres como "obxectos do fogar ou propiedade"

Mark Zuckerberg non anunciou os cambios sobre condutas que incitan ao odio

O CEO de Meta, Mark Zuckerberg (Europa Press/Annabelle Gordon) O CEO de Meta, Mark Zuckerberg (Europa Press/Annabelle Gordon)
G24.gal 10/01/2025 13:47

A multinacional Meta modificou a súa política sobre condutas e permitirá que en Facebook, Instagram e Threads se poida chamar "enfermas mentais" as persoas LGTBIQ+, así como opoñerse á presenza de mulleres en organismos militares ou forzas de seguridade.

A nova política, dispoñible na páxina web de Meta, recolle que agora se permiten "acusacións de enfermidade mental ou anormalidade cando se basean no xénero ou a orientación sexual, dado o discurso político e relixioso sobre transexualismo e homosexualidade, e o uso habitual non grave de palabras como 'raro'".

Outro dos parágrafos engadidos permite o contido que "avogue por limitacións de acceso a postos de traballo en organismos militares, forzas da orde e o sector educativo en función do xénero", o que podería abriría a porta, por exemplo, a comentarios que defendan a exclusión das mulleres da Policía, o Exército ou o ensino, da mesma maneira que ocorre coas limitacións nestes sectores "en función da orientación sexual" cando estean baseadas en crenzas relixiosas.

Ademais, eliminouse unha parte da súa política anterior na que se especificaba que, entre outros, estaba prohibido referirse ás mulleres como "obxectos do fogar ou propiedade".

A nova política de Meta abre espazo ao uso da "linguaxe exclusiva dun sexo ou xénero ao debater o acceso a espazos que adoitan limitarse conforme a estes, por exemplo, acceso a baños, escolas concretas, organismos militares específicos, forzas da orde, roles educativos e grupos de saúde ou apoio".

Incitar á exclusión ou usar linguaxe "insultante" en debates sobre temas políticos ou relixiosos, por exemplo sobre os dereitos das persoas transxénero, a inmigración ou a homosexualidade, tamén está permitido, así como expresar "rexeitamento por un xénero no contexto dunha ruptura amorosa".

Meta realizou estes cambios na súa páxina web despois de que Mark Zuckerberg anunciara nunha mensaxe nas redes sociais que a multinacional porá fin ao seu programa de verificación de datos por terceiros nos Estados Unidos, pero non mencionou que tamén se cambiaría a política sobre condutas que incitan ao odio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade