Publicador de contidos
Publicador de contidos

México rebaixa o prezo do seu avión presidencial e consegue desfacerse del

México rebaixa o prezo do seu avión presidencial e consegue desfacerse del

Levaba catro anos no mercado sen que ninguén puidese pagar o seu custo real

Comprárase por case 220 millóns e acabaron vendéndoo por 92

G24.gal 21/04/2023 18:35 Última actualización 21/04/2023 18:55

Era unha das promesas de campaña do presidente mexicano. Pero despois de catro anos no mercado, Andrés Manuel López Obrador, non conseguía vender o seu avión oficial.

Este venres, por fin, recoñeceu que atopou comprador despois de rebaixar o seu prezo en moitos millóns de dólares.

Comprárase por case 220 millóns e acabaron vendéndoo por 92.

“Cada día depreciábase, e tivo tamén unha falla de orixe na fabricación que saíu desde a primeira avaliación e iso baixoulle o prezo, e foi crecendo tamén ese dano. Pero a última avaliación que se realizou foi de 1.658 millóns de pesos”, indicou na súa conferencia diaria.

Desde que asumiu a presidencia en decembro de 2018, López Obrador estaba tentando vender o Boeing 787 adquirido polo presidente Felipe Calderón (2006-2012) por un controvertido prezo de 218,7 millóns de dólares.

Ante a falla de compradores para un avión tan luxoso, o presidente mesmo chegou a anunciar unha rifa simbólica da aeronave, e asegurou que non o vendería por menos de 130 millóns de dólares.

Ofrecéronllo ao presidente Trump, ao presidente Biden e á vicepresidenta Kamala Harris. Dende os Estados Unidos chegou unha oferta por 125 millóns, e dende Arxentina estaban dispostos a pagar 110. Pero ningunha foi aceptada.

Neste tempo, o presidente mexicano sempre viaxou en voos comerciais, ademais de prohibir a funcionarios públicos que utilizasen o aparello.

Ao xustificar a venda, remarcou este venres os seus argumentos de que “custou moitísimo porque é un avión moi luxoso. Nunha situación normal é para 240 pasaxeiros”.

Finalmente, o avión acabou nas mans do Goberno de Taxikistán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade