Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Alvariño avisa de que, se vai a París, será para ser campión olímpico

Miguel Alvariño avisa de que, se vai a París, será para ser campión olímpico

Alvariño: "O obxectivo sería estar preto do récord do mundo e bater o récord de Europa"

G24.gal 04/04/2023 15:41 Última actualización 04/04/2023 15:46

Miguel Alvariño vén de bater o seu propio récord de España con 693 puntos e non se conforma:

"O obxectivo de cara a París, sería facer 700. Sería estar preto do récord do mundo e bater o récord de Europa".

O pontés introduciu algunhas variantes no seu adestramento que lle dan seguridade. Estima que nunca estivo tan ben e non quere desaproveitar o momento

"É o meu mellor momento a nivel técnico, sen dúbida".

Acaba de gañar unha proba en Turquía coa selección canda o tamén galego Dani Castro. Pero Alvariño ten este ano a vista posta no Campionato do Mundo, onde se xogan as prazas para os Xogos. E xa avisa que, se vai a París, será para ser campión olímpico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade