Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Alvariño logra en México o segundo posto na proba da Copa do Mundo

Miguel Alvariño logra en México o segundo posto na proba da Copa do Mundo

O 2022 é o seu ano máxico. Campión europeo, once medallas en competicións internacionais, sete na Copa do Mundo, entre elas un ouro, unha prata e dous bronces a nivel individual

G24.gal 18/10/2022 16:08 Última actualización 18/10/2022 16:12

Volveu Miguel Alvariño da súa experiencia en México. O arqueiro pontés acaba de lograr o segundo posto na proba da Copa do Mundo naquel país. Nun ano en que logrou o Campionato de Europa e chegou a ser o número un do mundo.

O recibimento foi caluroso pero modesto. Seu pai, seu adestrador...todo moi diferente ao vivido en México.

"Tratáronnos como se fósemos o Rafa Nadal do tiro con arco"

A modesta realidade do tiro con arco en España non o encolle. O 2022 é o seu ano máxico. Campión europeo, once medallas en competicións internacionais, sete na Copa do Mundo, entre elas un ouro, unha prata e dous bronces a nivel individual.

"Foi o mellor ano da miña historia como deportista"

Alvariño non é conformista.

"Quero ser campión olímpico en París"

Alí volveralles botar outro pulso a todos eses superprofesionais aos que desafía desde a súa ambiciosa humildade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade