Cargando resultados...
Miguel Alvariño, o número 1 da clasificación mundial, apunta a París
Miguel Alvariño, o número 1 da clasificación mundial, apunta a París
Acaba de gañar o Campionato de Europa
G24.gal
16/06/2022 18:19
Campión de Europa individual, subcampión por equipos e primeiro, a día de hoxe, na clasificación mundial, a onde non chegou nunca ningún outro arqueiro español. O pontés Miguel Alvariño pon o ollo e a frecha no cumio da historia.
E todo isto despois dunha crise que o levou a pensar en deixar o deporte cando, por unha polémica decisión federativa, quedou fóra dos Xogos de Toquio.
Agora, o seu arco apunta ao máis alto cara a París 2024. Mentres, adéstrase coa mesma humildade de sempre nas vestustas instalacións do Club Sirex das Pontes, o club da súa vida