O capitán do Estremadura confirma que exercerán o seu dereito á folga
O capitán do Estremadura confirma que exercerán o seu dereito á folga
Valoran a posibilidade de viaxar co filial, só a presenza de 7 xogadores do primeiro equipo evitaría a aliñación indebida e a perda dos 3 puntos en Riazor
O dianteiro deportivista Miku amosou a súa solidariedade co Estremadura
O 15 de febreiro de 2021 o Estremadura entrou en concurso voluntario de acredores. O obxectivo do club daquela era selar o paso á Primeira Federación. Xogar na primeira categoría da remodelada e en aparencia profesional nova Segunda B era para os estremeños unha opción de manter a viabilidade económica. Nove meses despois, a situación é crítica.
Un acordo entre o club e os acredores evitou a liquidación do Estremadura en outubro. Nese acordo estableceuse un calendario de pagamentos para saldar a débeda da entidade durante dez anos a partir de 2022. Pero antes, o club debía solucionar o impago das nóminas dos seus traballadores. Xogadores e corpo técnico acumulan seis meses sen cobrar.
Esta mañá o capitán Kike Márquez confirmou que o cadro de xogadores vai exercer o seu dereito á folga e polo tanto non van viaxar á Coruña. Ás 11:30 a AFE faráo oficial cun comunicado.
Agora estudan se viaxar co filial. Só a presenza de 7 xogadores do primeiro equipo evitaría a aliñación indebida e a perda dos 3 puntos en Riazor.
A AFE tamén confirmou a folga do equipo estremeño.
🚨⚽️ Comunicado de #AFEFútbol sobre la huelga del @EXT_UD.
— AFE (@afefutbol) November 12, 2021
✍🏻 Las negociaciones no han dado por el momento el resultado esperado. Plantilla y cuerpo técnico ejercitarán su derecho a secundar la huelga.#UnidosSomosMásFuerteshttps://t.co/I7jG9hrwK3