Miku celebrou o gol da vitoria dun xeito especial
Miku celebrou o gol da vitoria dun xeito especial
O capitán do Genuine Álex Pereira ensinoulle como dicir "A Coruña" e "Dépor" en lingua de signos
A celebración de Miku en Majadahonda ten unha explicación.
Miku marcou e celebrou cos xestos da liga de signos. Por que? Porque días antes o capitán do equipo Genuine do Deportivo, Álex Pereira, deu unha lección a capitáns e capitás dos primeiros equipos do Deportivo: como se di 'A Coruña' e 'Deportivo' na lingua de signos.
Miku entendeuno á perfección.
Ollo ás tres últimas visitas do Deportivo. Empate en Santander, triunfo en Logroño e en Majadahonda. Ningún dos tres que o perseguen conseguiu fincarlle o xeonllo a un líder sólido.
A dupla atacante é seguro de gol. Quiles recuperou o olfacto. O seu quinto tanto colocou o marco ideal para o fútbol control dos brancos e azuis. Se non fose por un infortunado autogol, sexto balón que recolle Mackay da súa rede en trece partidos, diríase que o Deportivo pasou por Majadahonda coa seguridade de quen se sabe con cartas gañadoras na man.
Unha das principais é Miku, dianteiro diferencial na categoría. O disparo que sentenciou o partido supuxo a súa sexta diana. Once entrambos puntas. Un luxo que dispara os coruñeses na táboa.
Mención aparte para o exército de fieis có acompaña. Case mil douscentos en Madrid. A marea que converte cada campo nun pequeno Riazor.