Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milagrosamente ileso tras caer dun cuarto andar na Coruña

Milagrosamente ileso tras caer dun cuarto andar na Coruña

Puido acabar en desgraza pero o mozo foi batendo contra varios tendais que axudaron a frear a velocidade

Tras caer ao baleiro desde uns quince metros non sufriu ningunha ferida

G24.gal 10/01/2023 15:16

Aconteceu contra as cinco e media da mañá, nun inmoble da rúa Mauricio Farto Parra, no barrio coruñés de Montealto. Alí, un mozo de 19 anos, caeu ao patio de luces desde un cuarto andar e milagrosamente saíu ileso.

Na caída, o rapaz foi batendo contra varios tendais que axudaron a frear a velocidade e evitar que as consecuencias fosen máis graves. 

Os veciños que se decataron do acontecido alertaron a policía. Ao lugar dos feitos trasladouse tamén unha ambulancia, pero como o mozo non se mancou, non precisou asistencia médica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade