Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas reclaman en Madrid unha suba salarial do funcionariado

Milleiros de persoas reclaman en Madrid unha suba salarial do funcionariado

A manifestación, convocada polo CSIF, prodúcese uns días antes da xuntanza co Goberno para negociar os soldos

G24.gal 24/09/2022 21:04 Última actualización 24/09/2022 21:39

Reclaman unha suba salarial acorde co IPC e medidas económicas eficaces contra a inflación. Convocadas pola Central Sindical Independente e de Funcionarios, miles de persoas secundaron a protesta que comezou fronte ao Congreso dos deputados.

"As medidas que está tomando este Goberno contra a inflación non son para nada efectivas. Os países veciños teñen unha inflación menor que España e, por exemplo, Francia subiulle o soldo a funcionarios e pensionistas", explica o presidente do CSIF, Miguel Borra.

Á manifestación estaban convocados traballadores de toda España, tanto do sector público coma do ámbito privado.

"O nivel de vida sobe a un dez por cento e nós a un dous, está claro que cada vez somos máis pobres", asegura un participante.

"Levamos xa tanto tempo que estamos desesperados e este ano a inflación foi o remate", comenta outra.

O Ministerio de Facenda convocou os sindicatos para iniciar o próximo mércores a negociación dos soldos nas administracións públicas, no marco dos orzamentos xerais do estado. Miguel Borra explica as reivindicacións que levarán á xuntanza.

"O que lle imos esixir ao Goberno é recuperar poder adquisitivo xa neste exercicio 2022  e tamén queremos un acordo para os anos 23 e 24, que son os exercicios que lle quedan a este Goberno".

Na marcha, participaron policías nacionais e gardas civís que reclaman unha equiparación salarial coas forzas de seguridade autonómicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade