Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miles de persoas apoian a Ayuso na véspera da xuntanza do Comité de Dirección do PP

Miles de persoas apoian a Ayuso na véspera da xuntanza do Comité de Dirección do PP

Os concentrados ante a sede do PP en Génova pediron a dimisión de Casado e Egea

O Comité de Dirección do PP ten unha cita este luns para buscar solucións

G24.gal 20/02/2022 20:35

A protesta deste domingo diante da sede central do PP, na madrileña rúa Génova, non foi como as de días precedentes. Nesta ocasión, milleiros de persoas converxeron neste escenario en apoio de Isabel Díaz Ayuso. En paralelo, os berros en contra de Pablo Casado e de Teodoro García Egea, pedindo a súa dimisión, foron unha constante.

Esta demostración de apoio á presidenta madrileña constitúe un precedente significativo de cara á xuntanza do Comité de Dirección do PP, que se vai reunir este luns para analizar as posibles saídas á crise. Distintos analistas consideran que, mais aló deste conclave, todas as opcións están abertas e non falta voces que reclaman un congreso extraordinario como solución.

O único barón que falou foi o presidente da comunidade de Murcia, que tomou partido por Casado e polo tamén murciano García Egea:

"Díxeno xa o outro día, que o que nos demandan os españois é unidade, traballo conxunto. A única maneira de botar o señor Sánchez e a esquerda do Goberno dos españois é cun Partido Popular forte e a alternativa é Pablo Casado, e niso é no que temos que estar", declarou Fernando López Miras.

Mentres, nun programa televisivo Esperanza Aguirre apuntaba cara a un responsable concreto:

 "Teo xa está tardando en dimitir. Vamos, eu creo que xa se lle pasou o arroz para dimitir. Agora xa o ten que cesar Pablo, porque é que este señor non fixo máis que xerar leas".

O PP iniciará coa reunión do Comité de Dirección unha semana que se perfila como intensa para tentar superar a división actual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade