Miles de profesionais nun curso de conducción para salvar situacións límite nos incendios
Uns 2.500 profesionais poñen ao límite os seus vehículos 4x4
Aprenden destrezas que lles pode salvar a vida nos incendios
Os profesionais que loitan contra os incendios enfróntanse a moitas situacións de perigo. Co fin de mellorar a súa seguridade e manexarse con suficiente habilidade, están aprendendo a conducir en situacións límite.
Santiago Pichel é o xefe de brigada que nos conta que "no noso traballo atopámonos en momentos moi difíciles co condicionante de que temos o lume moitas veces preto e temos que saír si ou si".
Están aprendendo a saír de situacións comprometidas, porque moitas veces traballan ao límite, en circunstancias que xeran moito estrés e nun ámbito físico ás veces moi hostil.
"Cando chegan a unha zona de difícil paso pois que coñezan tamén as posibilidades que ten o coche nun ámbito de seguridade para despois eles saber onde está o límite. Que vexan situacións en que non deben meterse e si sen ven abocados a meterse pois resolvelas da mellor forma posible", sinala Santiago Pichel xefe de brigada.
En total 2.500 profesionais están convocados a estes cursos que lles van permitir salvar con éxito desniveis e fracturas no terreo, inclinacións verticais e facer paradas e arrincadas de emerxencia en pendentes pronunciadas.
"Isto intenta simular unha subida moi pendente que non puidemos completar, hai que abortar e iniciar a marcha cara a atrás e o uso do embrague é moi perigoso porque o coche pode coller velocidade" comentanun dos monitores, Jose Manuel Yañez.
"É un curso moi interesante, moi práctico para o noso traballo, coñecer os límites do noso vehículo e todo o que podemos facer con el", conclúe Santiago Pichel, o xefe da brigada.