Publicador de contidos
Publicador de contidos

Millán Mon e Adrián Vázquez comprométense a defender os intereses de Galicia na UE

Millán Mon e Adrián Vázquez comprométense a defender os intereses de Galicia na UE

Millán Mon, como membro da Comisión de Pesca, considera que "non pode seguir imperando a dimensión medioambientalista"

G24.gal 27/07/2024 18:26 Última actualización 27/07/2024 20:56

Os eurodeputados galegos do Partido Popular, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, comprométense a defender os intereses de Galicia nas comisións parlamentarias das que forman parte, tras seren elixidos esta semana.

Como membro da Comisión de Pesca, segundo unha nota difundida polo PP, Millán Mon vai continuar reivindicando o peso de Galicia como primeira rexión pesqueira de Europa e a importancia da cadea mar-industria na economía dos concellos costeiros.

“É necesaria unha visión equilibrada da actividade pesqueira. Non pode seguir imperando a dimensión medioambientalista sobre as dimensións económica e social”, asegura.

De acordo co comunicado, porá en valor a creación dun novo comisario de Pesca e Océanos a proposta do Partido Popular, e logo do compromiso adquirido pola presidenta Ursula von der Leyen na súa visita a Galicia.

O eurodeputado pontevedrés, que seguirá formando parte da Comisión de Asuntos Exteriores, avoga por "continuar fortalecendo os lazos con América Latina e priorizar as relacións co veciño continente africano".

Pola súa banda, Adrián Vázquez asumirá a vicepresidencia primeira da Comisión de Asuntos Constitucionais e seguirá co seu labor na Comisión de Asuntos Xurídicos.

“É un orgullo ter a oportunidade de defender aquilo no que máis creo: que sen regras claras e xustas non hai democracia, como por desgraza estamos empezando a sufrir en España”, declarou ao tomar posesión dos seus postos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade