Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de afectados pola suspensión do servizo de AVE co Levante por unha avaría

Milleiros de afectados pola suspensión do servizo de AVE co Levante por unha avaría

O tren Ourense-Alacante saíu de tarde sen informar os pasaxeiros que ía quedar parado en Madrid 

Caos de viaxeiros na estación madrileña de Chamartín en plena ponte do Pilar
G24.gal 13/10/2023 21:17 Última actualización 13/10/2023 21:38

Os pasaxeiros do AVE Ourense-Alacante que saíu ás catro e media da estación ourensá aseguran que non recibiron información ningunha da avaría na liña de alta velocidade en Cuenca pola que o servizo ao Levante se suspendeu o venres nos dous sentidos. Van ter que durmir en Madrid e seguir viaxe mañá se o tráfico queda restablecido como agarda José Estrada, director xeral de Circulación de ADIF.

Coma eles, miles de pasaxeiros das tres compañías que operan alta velocidade en España, Renfe, Iryo e Ouigo, nas liñas que unen Madrid coa Comunidade Valenciana e Murcia, víronse afectados pola avaría en Monteagudo de las Salinas. Láianse dos prexuízos en plenas vacacións como perda de voos e de días pero, sobre todo, quéixanse da falta de información e de alternativas ao servizo.

Mediante mensaxes de texto, Renfe informou aos usuarios da posibilidade de cambiar o billete para outro día sen custe. Aínda así, unha vez cheguen a destino, a maioría anunciou a súa intención de denunciar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade