Publicador de contidos
Publicador de contidos

Despedida multitudinaria a Gorbachov nun funeral sen carácter de Estado

Despedida multitudinaria a Gorbachov nun funeral sen carácter de Estado

Vladimir Putin escusou a súa presenza por "un tema de axenda"

Milleiros de persoas achegáronse a despedir o último líder da Unión Soviética
G24.gal 03/09/2022 13:52 Última actualización 03/09/2022 17:51

O Kremlin decidiu non facerlle a Mijaíl Gorbachov un funeral de Estado. Puxéronlle, iso si, unha capela ardente aberta ao público, co seu féretro custodiado por unha garda de honra. Milleiros de cidadáns acudiron a despedilo.

Unha das persoas que quixo darlle o último adeus, profesor de historia, di que Gorbachov merece ser honrado por achegar valores como a liberdade de expresión e a democracia.

Recoñecido pola comunidade internacional como o home que puxo fin á guerra fría, esperta porén posturas encontradas no seu país. Unha parte da sociedade cúlpao da caída da Unión Soviética.

Vladimir Putin, que se achegara esta semana ao hospital en que morreu aos 91 anos, non vai estar nas exequias. Alegou problemas de axenda.

Debido á invasión rusa de Ucraína, o único mandatario occidental que se presentou de momento foi o primeiro ministro de Hungría, Viktor Orbán.

Os restos mortais do último líder da URSS serán soterrados a carón da súa muller, que faleceu hai 23 anos, no cemiterio moscovita onde tamén repousa o primeiro presidente da Federación rusa, Boris Yeltsin.

O féretro de Gorbachov na Sala das Columnas O féretro de Gorbachov na Sala das Columnas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade