Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas reclaman en Santiago máis recursos para Atención Primaria

Milleiros de persoas reclaman en Santiago máis recursos para Atención Primaria

As forzas de esquerdas con representación no Parlamento galego pídenlle ao Goberno que rectifique na súa xestión

 Denuncian que hai centros de saúde con esperas de dez a quince días

O Sergas asegura que xa se atenden máis do 60 % das consultas de xeito presencial

G24.gal 14/11/2021 14:33

Miles de persoas maniféstanse en Santiago a prol da sanidade pública. A policía Local de Santiago estima nuns 7.000 os participantes na marcha. Reclaman máis orzamento e persoal para a Atención Primaria. A plataforma SOS Sanidade Publica, convocante da marcha, mantén que a Xunta está desmantelando este servizo, cunhas políticas que consideran erróneas.

Esíxenlle un 25 % do orzamento sanitario para Atención Primaria.

As forzas de esquerdas con representación no Parlamento galego pídenlle ao Goberno que rectifique na súa xestión.

Unha gran pancarta chama a salvar a Atención Primaria. Tras ela miles de persoas piden que se incremente o orzamento e o persoal destinado ao primeiro chanzo da asistencia sanitaria un servizo que, din, está moi deteriorado.

Denuncian que hai centros de saúde con esperas superiores a dez e quince días, e din que o predominio da atención telefónica fronte á presencial é un risco para a saúde dos pacientes. Rexeitan que se pechen centros de saúde no rural.

Unhas reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública que contan co apoio dos sindicatos e de todas as forzas políticas da esquerdas presentes na manifestación. A oposición galega pídelle ao Goberno da Xunta que rectifique. Din que a Atención Primaria é o ámbito da saúde pública que acumula máis recortes. Aseguran que dispón de menos recursos que hai doce anos.

A protesta rematou na praza da Quintana, onde reclamaron medidas urxentes que garantan á poboación unha Atención Primaria inmediata, continuada e de calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos