Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mingueza, convencido co estilo do Celta: "Sempre xogou ben ao fútbol"

Mingueza, convencido co estilo do Celta: "Sempre xogou ben ao fútbol"

Agustín Marchesín, o novo porteiro, quere contribuír a que o equipo creza

Carles Pérez, máis preto de Vigo

G24.gal 03/08/2022 11:43

O Celta acelera no mercado e xa incorpora xogadores a pares. O luns a última hora chegaba a Vigo Óscar Mingueza. O canteirán culé reforza a defensa celeste. O Celta non paga nada por el e o Barça quedará co 50 por cento dunha futura venda.

"É un equipo que sempre xogou un bo fútbol, ten bos xogadores e un bo proxecto", asegurou. 

O Celta cambia a parella Araújo-Murillo pola de Unai-Mingueza. Gaña en xuventude, velocidade e saída de balón.

"Gústame filtrar pases e que haxa espazos ás costas, porque son bastante rápido", salientou Mingueza.

Antes xa chegara Agustín Marchesín, o novo porteiro. O arxentino, de 34 anos, procede do Porto e asina por dúas temporadas con opción a unha terceira. "Tratarei de axudar e crecer", dixo. 

A seguinte incorporación debera ser a de Carles Pérez, parece que a negociación coa Roma por fin se pechou e o centrocampista podería chegar a Vigo mesmo antes do trofeo Quinocho que o Celta xoga o sábado contra o Al Shabab saudita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos