As marchas de Unai e de Kevin abren a porta a Marcos Alonso
As marchas de Unai e de Kevin abren a porta a Marcos Alonso
O central volve ao Athletic nunha cesión con opción a compra non obrigatoria
O canteirán rescinde contrato e marcha ao Spórting de Xixón, onde firma por dous anos
Día de despedidas en Vigo. A dous días para que peche o mercado de traspasos, Kevin Vázquez e Unai Núñez abandonan o barco celeste e deixan oco á futura incorporación de Marcos Alonso, que é inminente. Os defensas non contaban para Giráldez.
No caso de Kevin, o lateral despídese da súa casa despois de toda unha vida no Celta. Dende a base ata o primeiro equipo nun camiño no que non chegou a consolidarse como titular na súa posición. O 'Tigre de Camos' probará sorte en Xixón, na Segunda División, da man de Rubén Albés, un vello coñecido. Ás súas costas, 68 partidos en primeira.
Por outro lado, Unai Núñez marcha despois de ver como a súa importancia no once celeste foi minguado co paso dos meses ata ser un descarte de Claudio. O central volve ao Athletic Club nunha cesión por un ano, con opción de compra non obrigatoria incluída.
Estas dúas saídas liberan espazo salarial e deixan espazo na defensa para a chegada, nun futuro moi próximo, de Marcos Alonso. As despedidas eran moi necesarias para que o club incorpore novos xogadores ates deste venres, que pecha o mercado.