Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mingueza e Marchesin: "A expulsión de Veiga determina o partido"

Mingueza e Marchesin: "A expulsión de Veiga determina o partido"

Os xogadores do Celta atenderon a Radio Galega na zona mixta do estadio Xogos do Mediterráneo

G24.gal 29/10/2022 20:26

Quinta derrota consecutiva coma visitante do Celta que deixa a Coudet e ao conxunto olívico moi tocados. Tras o partido, dous futbolistas celestes atenderon ao Galicia en Goles á saída dos vestiarios almerienses. O primeiro en pasar polo micrófono de Roberto Carlos Carballo foi Mingueza.

"A expulsión foi bastante rigorosa. Derrota moi dolorosa porque fixemos boa primeira parte ata a expulsión. Tivemos que correr moito no segundo tempo. As imaxes están aí. Unha pisada que é para apoiar o pé. Logo a Iago poñen prancha e só é amarela. Non sei cal é o criterio bo"

Sobre a xogada chave tamén falou o cérbero Agustín Marchesín:

"Estamos quentes por como se deu o partido. Ata a expulsión fomos mellores que eles. No segundo tempo entramos en desesperación. Estamos quentes e con gañas  de que chegue o segundo tempo. Teño moita impotencia. A xogada de Iago creo que foi máis forte". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar