España sofre e gaña nunha final anticipada
España sofre e gaña nunha final anticipada
Derrotou a Alemaña (2-1) grazas a un gol de Merino no último minuto da prórroga
Un gol de Mikel Merino na prórroga (m.119) deu a vitoria a España nos cuartos de final da Eurocopa 2024 ante Alemaña (2-1), a anfitrioa, e o pase ás semifinais do torneo.
O empate que reinaba no marcador, froito do tanto inicial de Dani Olmo no minuto 51 e o de Florian Wirtz no minuto 87, cambiou co salto e o remate de cabeza de Mikel Merino, heroe de España ao clasificar ao equipo de Luis de la Fuente ás sextas semifinais da súa historia nas Eurocopas.
No tempo engadido, Carvajal viu a segunda amarela e foise expulsado, aínda que xa se ía a perder as semifinais.
A derrota de alemania supón a retirada do alemán Toni Kross.
Minuto a minuto
Boas tardes a todos e todas, hoxe ás 18:00 xóganse os cuartos de final desta Eurocopa 2024 entre España e Alemaña. O partido será no Mercedes-Benz Arena de Sttutgart con capacidade para máis de 50.000 espectadores
Xa se coñece o 11 de España, o mesmo que contra Xeorxia, repite Pedri e Dani Olmo agardará pola súa oportunidade no banco de suplentes.
🚨 𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 | ¡¡AQUÍ ESTÁ EL ONCE DE LOS CUARTOS!!
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) July 5, 2024
👥 Esta es la alineación propuesta por Luis de la Fuente para buscar el pase a las semis ante el conjunto local.
💪🏼 ¡¡ESTAMOS CON VOSOTROS, EQUIPO!! #VamosEspaña | #EURO2024 pic.twitter.com/ouXiLtutlk
Tamén saíu o 11 de Alemaña con dous cambios por parte de Nagelsmann, Tah por Schlotterbeck no centro da defensa, e Emre Can por Andrich como acompañante de Kroos
Time to shine 💫#dfbteam #euro2024 #espger
— DFB-Team (@DFB_Team) July 5, 2024
📸 Thomas Böcker/DFB pic.twitter.com/rfMnJYDcSV
Enfrentaranse as dúas seleccións con máis títulos na historia da competición, 3 cada unha. A última vez que se enfrentaron foi na fase de grupos do Mundial de Qatar, e saldouse con empate a 1.
O histórico entres estas dúas seleccións marcha así:
Partidos 26
Vitorias de España 8
Vitorias de Alemaña 9
Empates 9
Alemaña é a selección que máis veces se clasificou á fase final das Eurocopas con 14, España é a segunda con 12.
En caso de haber empate nos 90 minutos haberá prórroga, non como na Copa América, e se hai empate no tempo extra, teremos penaltis. Alemaña gañou as últimas 6 quendas de penaltis que xogou, pola súa parte España perdeu 3 das últimas 5, contra Marrocos no Mundial de Qatar, Italia na Euro 2020 e Rusia no Mundial de 2018.
Falou Pedri, que deu moita importancia a esa loita no centro do campo, no que se espera que sexa o último partido de Toni Kroos, do cerebro dese mediocampo, como dicía Joselu na previa.
🗣️ Hoy la voz de la previa es @Pedri.#VamosEspaña | #EURO2024 pic.twitter.com/W3xQAu8R8K
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) July 5, 2024
Xa están soando os himnos no Mercedes-Benz Arena, primeiro o de España e acto seguido o de Alemaña, vai comezar o partido que se podría considerar unha final anticipada.
COMEEEEEEZA O PARTIDO en Stuttgart!!!!! Comezan os cuartos de final da Eurocopa 2024. Primeira posesión para Alemaña.
Primeira oportunidade para España, xogada pola banda de Nico Williams, balón que chega a Morata e frouxo disparo de Pedri ás mans de Neuer.
Non pode continuar Pedri tras unha dura entrada de Kroos que non ve a amarela. Entra Dani Olmo
Centro de Raum que atrapa con facilidade Unai Simón, está perdendo o control España
Falta perigosa para España e amarela para Rüdiger pola falta sobre Olmo
O remate de falta de Lamine sae rozando o pau mentres Neuer facía a estatua
Remate alto de Fabián dende a frontal da área. Pecou de individual Fabián que tiña a Morata e a Nico libres na esquerda
Remate de Havertz de cabeza que saltaba só no medio da área. Bloca Unai Simón abaixo
Disparo de Laporte dende lonxe que para Neuer en dous tempos con algunha dificultade
Amarilla para Raum. Outra falta dura do combinado alemán que non está facendo prisioneros
Amarilla para Le Normand por unha falta sobre Gündogan
Balón largo para Havertz que controla e remata con pouca forza ao medio da portería
Tiro dende fóra da área de Dani Olmo que se lle volve a escapar a Neuer. Non está fino o porteiro alemán blocando no día de hoxe
Últimos minutos da primeira metade, controla agora o balón España e Alemaña espera atrás
Dous minutos de engadido pola lesión de Pedri
DESCANSO en Stuttgart. España está máis cómoda no partido, pero non encontra ocasións claras. O por do partido, a lesión de Pedri. Veremos que depara a segunda metade
Comeza a segunda metade con cambios. Por parte de España Nacho por Le Normand, e por parte de Alemaña, Wirtz e Andrich por Can e Sane
Ocasión moi clara de Morata, recibe, xira e manda o balón por enriba do longueiro a escasos metros da portería. Oportunidade desaproveitada por España
GOOOOOOOOOOOOOOOOL, GOOOOOOOOOOL de Dani Olmo, acumula atención Lamine Yamal, pase á frontal da área e chega Dani Olmo para rematar a gol.
Outra amarela para Alemaña, neste caso para Andrich por outra dura entrada
Alemaña está metendo unha velocidade máis ao xogo agora mesmo. España deféndese como pode e non encontra ocos para saír en ataque
Remate fóra de Füllkrug á saída dun córner
Salvada de Carvajal que está facendo un partido imperial en defensa
Balón ao pao de Alemaña, remate de 9 de Füllkrug que acaba no pao. Sálvase España
Entran Merino e Oyarzábal por Nico e Morata. En Alemaña entra Müller por Tah, vai con todo Alemaña
Erro clamoroso de Havertz. Mala saída de Unai Simón co balón e Havertz tenta picala por enriba do cancerbeiro pero vai fóra
Remate perigoso de Havertz pero pítase falta anterior do propio Havertz
Gol de Florian Wirtz. Centro, segunda xogada e gran remate de Wirtz
Habrá prórroga neste trepidante partido. Os dous equipos moi desdibuxados agora mesmo
Non está a ocorrer nada nesta prórroga, os dous equipos non queren perder o que teñen
Bo disparo dende lonxe de Oyarzabal que pasa moi cerca do pau
E agora é Alemaña a que mete medo no corpo. Boa saída pola banda esquerda e o balón chega ao goleador no borde da área e vaise fóra por moi pouco
Saque de curruncho para España e contra de 2 contra 2 para Alemaña que remata cun moi mal disparo de Füllkrug
Remate impresionante de Füllkrug que logra parar cunha gran estirada Unai Simón
GOOOOOOOOOOOOOL de Mikel Merino, centro de Dani Olmo e golazo de Mikel Merino. España agora mesmo está en semifinais
FINAAAAAAAAAAL DO PARTIDO. España estará nas semifinais e agarda rival que saldrá do gañador do Portugal-Francia