Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing de Ferrol non atopa o camiño

O Rácing de Ferrol non atopa o camiño

Jesús Ruiz foi o mellor do partido con moitas paradas de mérito

O Rácing só tivo unha ocasión perigosa

G24.gal 24/08/2024 15:59

Minuto a minuto

Segundo partido do Rácing nesta tempada da Liga Hypermotion, e segundo que xoga en casa, na Malata. Tras o empate acadado contra o Málaga, o equipo de Cristóbal buscará unha vitoria contra un recentemente descendido, o Granada, que vén de perder contra o Albacete por 1-2.

E xa temos os 11 do partido. O Racing de Ferrol sae co mesmo once da xornada pasada, mentres que o Granada fai 3 cambios; Luca Zidane entra na portería, Trigueros no mediocampo e o excéltico Boyé na dianteira.

0'

COMEEEEEZA o partido na Malata!!!

1'

Dez segundos de partido e o Granada atopa a primeira ocasión. Gran centro de Neva que non chega a Boyé

6'

Case marca o primeiro o Racing. O defensa do Granada quítalle a pelota ao dianteiro do Racing cando só tiña que empurrar 

14'

Bo centro dende a banda esquerda, e o remate de Dorrio é bloqueado polo defensa. Inmediatamente despois Perea atopa boa situación de disparo pero marcha fóra

19'

Paradón de Jesús Ruiz que tamén bloca o balón

25'

Non hai ocasións no partido. O ritmo é lento, e os dous buscan controlar o balón pero sen moito éxito polo momento

27'

Outro paradón de Jesús Ruiz. Disparo de Trigueros dende a frontal e gran intervención do meta catalán

35'

Chegadas dos dous equipos que non logran finalizar a xogada de maneira satisfactoria

42'

Centro do Granada e remate de Boyé que vai fóra por pouco

45'

Final da primeira metade. Dúas boas paradas de Jesús Ruiz manteñen ao Racing nun partido no que non termina de atoparse cómodo

45'

Comeza a segunda metade sen trocos!

55'

Mesmo guión que na primeira metade. Os dous equipos tentan levar o control e conseguen saques de esquina e chegadas preto da área, iso sí, ningunha peligrosa

58'

Paradón de Luca Zidane ao remate de cabeza de Perea. Qué reflexos do porteiro francés!!

61'

Que partidazo de Jesús Ruiz!!!! Outra parada de mérito do porteiro!!!! Man a man contra Boyé, o meta adiviña as intencións do dianteiro e para a ocasión máis clara do partido

64'

Triple cambio no Racing. Entran Álex López, Jauregi e Manu Vallejo -que debuta- e saen Álvaro Giménez, Perea e Chiki

67'

Cambio obrigado por lesión. Sae Brais e entra Moi Delgado

73'

Trocos no Granada. Entran Saenz e Uzuni por Weissman e Tsitaishvili

82'

Gol de Ricard Sánchez. A xogada comezou co enésimo paradón de Jesús Ruiz, pero nada puido facer co tiro de Ricard Sánchez. 8 minutos máis engadido para que o Racing remonte

87'

Derradeiros trocos do Granada. Ignasi Miquel por Boyé e Rubén Sánchez por Trigueros

90'

6 minutos de engadido para que o Racing atope o gol do empate

90'+6'

Final do partido. O Racing de Ferrol tentou empatar o partido pero non logrou achegarse con perigo á meta de Luca Zidane. O balance desta dobre xornada na Malata é dun empate e unha derrota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos