O Celta deixa escapar dous puntos na súa visita ao Xetafe (3-2)
O Celta deixa escapar dous puntos na súa visita ao Xetafe (3-2)
Mayoral e Jaime Mata poñen por diante os locais ao descanso
A entrada de Aspas cambiou o encontro, conseguindo que o empate se elevase ao marcador
No 89, outro erro defensivo fixo que Jaime Mata puxera en vantaxe final o Xetafe
Rafa Benítez compadeceu ante os medios despois do partido e viuse un Rafa cortante ante as preguntas. Ao preguntarlle pola formulación do encontro, esta foi a resposta do técnico:
"En Pamplona gañamos 0-3"
Temén foi preguntado pola suplencia de Aspas. O moañés saltou ao campo e revolucionou o encontro conseguindo levar o empate ao marcador.
"A mesma que tivemos en Valencia cando gañamos o en Pamplona cando gañamos".
Rafa mostrouse desgustado polo erros que están a condicionar ao equipo:
"A reacción do equipo merecía máis. Cando consegues empatar e parece que podes levar o partido, cometes outro erro".
Minuto a minuto
Xa coñecemos as aliñeacións dos dous equipos para o partido de hoxe!
📋✅ O noso 𝗫𝗜 🆚 @GetafeCF!#GetafeCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/0wJevxkQm6
— RC Celta (@RCCelta) February 11, 2024
¡Ya conocemos los once 𝐕𝐀𝐋𝐈𝐄𝐍𝐓𝐄𝐒 que saltarán al césped del Coliseum para enfrentarse al @RCCelta! 👏💙
— Getafe C.F. (@GetafeCF) February 11, 2024
¡Dale al play! ▶#VamosGeta | #GetafeCelta pic.twitter.com/iqLA6Rh4TG
COMEZA O ENCONTRO NO COLISEUM!
Ristic probou sorte!
Falta na frontal da área para o lateral esquerdo. O lanzamento espetou na barreira e marchou cerac do pau da porta de David Soria.
Borja Mayoral abre a lata.
Despois dun rexeite no longueiro, Mayoral empurra o balón a pracer para facer o 1-0.
Aumenta a vantaxe o Xetafe.
Erro na saída de balón do Celta. Greenwood leva a contra, dispara e o rexeite aparece Jaime Mata para facer o 2-0
TEMPO DE LECER NO COLISEUM!
Partido en xogo de novo!
FÓRA MANQUILLO!
Centro de Ristic que se paseou pola área e acabou nos pés do outro carrileiro. O disparo non foi bo e marchou desviado.
GOOOOOOOL DO CELTA!!
Aspas filtrou un balón para Manquillo que gañou a liña de fondo. O carrileiro madrileño puxo o balón ao área e alí impúxose Larsen para recurtar distancias
GOOOOOOOL DE TADEO ALLENDE
Outra vez Aspas, que recibe e filtra para o arxentino. Diante de Soria, non perdoa Allende e iguala o encontro
Gol do Xetafe
Jaime Mata coa testa volveu a poñer por diante aos locais. Pouco durou a ledicia celeste.
Derrota do celeste que mantén 3 puntos de vantaxa sobre o descenso, marcado polo Cádiz.