Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miranda amosa a solidariedade do BNG cos afectados polo peche da Casa de Galicia no Uruguai

Miranda amosa a solidariedade do BNG cos afectados polo peche da Casa de Galicia no Uruguai

A coordinadora de Relacións Institucionais do BNG subliña que a situación en que se atopa a Casa de Galicia de Montevideo presenta diversas vertentes: a sanitaria, a laboral e a cultural

G24.gal 14/03/2022 14:18

Ana Miranda, coordinadora de Relacións Institucionais do BNG, visitou as instalacións da Casa de Galicia do Uruguai, onde mantivo varios encontros cos colectivos afectados polo "desmantelamento" do patrimonio sociosanitario de Montevideo.

“Hai miles de persoas afectadas, tanto usuarios como persoal, ás que desde o Bloque queremos amosarlles a nosa solidariedade e denunciar a falta de transparencia coa que se está levando o proceso de fragmentación da institución cun claro desinterese por parte de Feijóo ao respecto pese a ser un patrimonio levantado por emigrantes galegos hai máis dun século”, denuncia Miranda.

Miranda recolleu as queixas contra Feijóo das persoas afectadas, que criticaron a “total ausencia” do presidente da Xunta ao longo do conflito e que “só viaxa a Uruguai en período electoral”, ademais da súa total conivencia co presidente uruguaio no desmantelamento.

A coordinadora de Relacións Institucionais do BNG subliña que a situación na que se atopa a Casa de Galicia de Montevideo presenta diversas vertentes: a sanitaria, -que implica a distribución de arredor de 45.000 usuarios e usuarias en varias aseguradoras-; a laboral, que afecta máis de 3.000 traballadores e traballadoras-, e a social e cultural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade