Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mo Katir gaña a medalla de prata nos 5.000 metros e pecha os mellores mundiais para España

Mo Katir gaña a medalla de prata nos 5.000 metros e pecha os mellores mundiais para España

O mediofondista resarciuse nunha proba que gañou Ingebrigtsen

Rematan os mundiais de Budapest, cun total de cinco medallas para España

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 28/08/2023 00:06

O español Mo Katir proclamouse subcampión mundial de 5.000 metros logo dunha final cun espectacular man a man co noruegués Jakob Ingebritgsen, que acabou levando o ouro por so catorce centésimas. O éxito do medio fondista chegou so unha semana despois da enorme decepción que lle supuxo quedar fóra nas series de 1.500 metros.

As primeiras voltas da carreira estiveron marcadas polo salto que deu do grupo o keniata Ishmael Rokitto Kipkurui, que exerceu de lebre ata que se deixou alcanzar polo grupo a falta de sete voltas. Katir controlou moi ben a carreira, manténdose no grupo durante moita voltas, para dar o cambio de ritmo definitivo nos derradeiros 400 metros.

Foi entón cando se produxo o enforontamento con Ingebrigtsen, que acabou gañando por unha marxe moi estreita:  Katir parou o crono en 13:11.44, só por detrás de Ingebrigtsen, que o fixo en 13:11.30, revalidando a coroa de campión do mundo que tamén logrou en 2022 en Eugene (Estados Unidos). 

Con esta prata rematan uns mundiais de Budapest nos que a delegación española acadou cinco medallas. Catro ouros na marcha, e esta prata de Katir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade