Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moitos cruzan a raia para mercar aceite virxe en Portugal, máis barato ca en España

Moitos cruzan a raia para mercar aceite virxe en Portugal, máis barato ca en España

O aforro supera o 20 por cento e pode chegar ata o 30 

G24.gal 25/03/2024 14:22

Malia que España é líder mundial na produción de aceite de oliva, aquí págase máis caro ca en países coma Francia, Italia e Portugal. Os que viven na raia ou os que por algún motivo se desprezan a Portugal aproveitan a oportunidade e abastécense alí para aforrar uns cantos euros.

Co prezo que leva o aceite virxe extra estes últimos meses, para moitos ben paga a pena achegarse mercar a Portugal.  "Hai moito español comprando garrafas. Sobre todo na feira", di unha veciña de Valença. Un galego conta que non veu adrede para mercar aceite, pero que xa que está en Portugal "aproveita".

A OCU fixo un estudo comparativo nos prezos ao público en grandes cadeas con presenza en España e Portugal, e o aforro oscila entre o 22 e o 30 por cento mercando no país veciño. "A verdade que é que considero que é un ben esencial e se podemos mercalo de calidade e ben de prezo... pois mellor".

O aceite non só se vende máis caro en España ca en Portugal. Tamén máis caro que en Francia ou Italia. Así o certifica un estudo comparativo da Organización de Consumidores que pon o acento no sorprendente da situación, sendo este un dos países líder na produción mundial. "É un produto de primeira necesidade na nosa dieta, pero está moi caro. Supoño que acabará baixando no futuro, pero infelizmente agora está así".

Os produtores falan de malas colleitas, pero a OCU entende que a grande escalada no prezo do litro nos está xustificada por esta circunstancia e que semella máis ben responder a criterios especulativos polo que pide ao Ministerio de Agricultura que investigue a cadea de produción de aceite para protexer tanto o consumidor como o sector agrícola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade