Publicador de contidos
Publicador de contidos

Molestias por mor dunhas obras nocturnas na zona coruñesa de Catro Camiños

Molestias por mor dunhas obras nocturnas na zona coruñesa de Catro Camiños

Malia non poder durmir, os prexudicados din que de facerse polo día, sería peor

G24.gal 01/02/2024 15:02

Na rúa Ramón y Cajal, na zona de Catro Camiños, as obras de renovación do firme estalles a quitar o sono ó veciños. Os obreiros traballan polas noites, "desde as dez ata as oito da mañá", dí un veciño da zona.  Un horario que lles está a alterar o seu descanco. 

"Houbo queixas dos veciños polo ruído. Levan tres noites sen poder durmir", aseguran comerciantes e veciños.

Porén, malia as molestias e os fortes ruídos que veñen aturando desde comezos desta semana, son moitos os que apoian a decisión do Concello de realizaren estas melloras polas noites.

"Se as fan polo día, sería moitísimo peor. Nesta zona hai moito tráfico e sería peor", di outra veciña.

Polo de agora van ter que seguir aguantando as consecuencias destes traballos nocturnos xa que está previsto que, malia que se van acometer por treitos, se prolonguen ata o venres 9 de febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade