Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández: "Non fago contas, a conta é o seguinte partido"

Moncho Fernández: "Non fago contas, a conta é o seguinte partido"

O base estadounidense Devon Dotson non puido adestrarse co grupo por un virus estomacal

G24.gal 03/05/2024 11:27 Última actualización 03/05/2024 11:33

O Obradoiro ten un partido decisivo no Sar ante o MoraBanc Andorra. Quedan tres finais pero Moncho Fernández non fai números.

"Non fago contas. A conta é o seguinte partido e o adestramento de hoxe".

"Partido moi importante. Pero é un partido de baloncesto, xogan 5 contra 5".

O pivote internacional ucraíno Artem Pustovyi ausentouse do adestramento deste venres do Monbus Obradoiro polo recente nacemento do seu fillo Luka, aínda que o técnico Moncho Fernández conta con el para o decisivo partido de mañá contra o MoraBanc Andorra.

O adestrador santiagués tamén revelou que o base estadounidense Devon Dotson non puido adestrar co grupo por un virus estomacal, o cal, en principio, non lle impedirá xogar.

“Pasou mellor a noite, xa puido comer e esperamos que poida facer algo. Estará moi minguado, pero poderá estar”, explicou Moncho Fernández.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos