Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández: “O Real Madrid é o mellor equipo de Europa”

Moncho Fernández: “O Real Madrid é o mellor equipo de Europa”

O Obradoiro recupera para este encontro ao á-pivote Álex Suárez

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 15/12/2023 15:15 Última actualización 15/12/2023 15:22

O adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, non dubidou este venres en cualificar como “o mellor equipo de Europa” ao Real Madrid, ao que reciben este sábado no Multiusos Fontes do Sar.

“Creo que o Real Madrid é o mellor equipo de Europa. Non é só unha opinión senón un feito. Perdeu só dous partidos de competición oficial no que vai de tempada. É o mellor en todos os números, tanto defensivos como ofensivos”, manifestou en rolda de prensa.

O técnico santiagués eloxiou o líder da liga Endesa e Euroliga porque “o fai todo moi ben”, e dixo que sería un erro limitar o seu potencial ao base arxentino Facundo Campazzo, fichado este verán.

“Ten xogadores que serán lendarios cando se retiren. Sergio Rodríguez, Rudy Fernández e Llull son xogadores que, tanto a nivel clubs como de selección, tocaron o ceo do mundo baloncestístico. Se lle engades esa sabedoría que alcanzaron co paso do tempo, pasarán á historia do baloncesto con letras de ouro”, augurou.

Moncho Fernández, que recupera para este encontro ao á-pivote Álex Suárez, ten claro que o seu equipo necesitará facer “todas as cousas moi ben” para gañar ao vixente campión de Europa.

“Non podemos conceder agasallos porque o Real Madrid castiga as perdas, é o que máis puntos anota tras unha perda do rival. E logo tamén imos necesitar inspiración”, confesou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos