Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mondoñedo celebra as festas das San Lucas, as máis antigas de Galicia

Mondoñedo celebra as festas das San Lucas, as máis antigas de Galicia

Naceron a raíz da consideración de cidade e coa autorización para organizar feiras

Os cabalos e os produtos do agro son os referentes da cita, que se prolonga ata o 20

G24.gal 16/10/2022 15:35 Última actualización 16/10/2022 18:00

O día amenceu despexado en Mondoñedo. Os feirantes xa están ultimando os seus postos, no que ofrecen todo tipo de mercadorías, sobre todo relacionadas co agro, nestas festas do outono galego, as máis antigas de Galicia. 

As San Lucas conmemoran os 866 anos que fai que o rei Afonso VII concedeu a Mondoñedo o título de cidade e autorizou facer unhas feiras que son a orixe das actuais festas, unha cita obrigada esta fin de semana.

As festas continúan ata o día 20, e o máis espectacular é o descenso de cabalos que atravesan o centro de Mondoñedo na véspera de San Lucas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar