Monforte de Lemos non pasou dos 0 graos de temperatura máxima
Monforte de Lemos non pasou dos 0 graos de temperatura máxima
O mesmo aconteceu en Lugo e Laza, que non pasaron dos 2 graos de máxima, ou en Ourense, onde quedaron con 4 graos todo o día
A inversión térmica deixou en Monforte de Lemos 0 graos de temperatura máxima durante todo este martes, cando nalgúns sitios de montaña coma na Fonsagrada ou Cervantes acadaron os 12 graos e na Veiga, en Pena Trevinca, os 13 graos. Alí chegoulles o sol do anticiclón, pero no val de Monforte a néboa non o deixou pasar.
O mesmo aconteceu en Lugo e Laza, que non pasaron dos 2 graos de máxima ou en Ourense, onde quedaron con 4 graos todo o día. Aínda que en Monforte moitos lembran vagas peores.
Algunhas chuvias que entraron nestas últimas horas axudarán a que marche esta friaxe tan intensa para pasar a un tempo máis húmido, especialmente no terzo norte.