Montan un belén no interior dun hórreo rehabilitado en Foz
Montan un belén no interior dun hórreo rehabilitado en Foz
O presebe do Cabazo de Cartán atrae ducias de visitantes
A idea xurdiu na pandemia e realizouse este ano
A idea do belén de Vilaxoane comezou a agromar durante a pandemia, pero non foi ata este ano cando os veciños decidiron levala adíante. Agardaron ata que o hórreo estivese rehabilitado e curioso e púxeronse á obra para instalar as figuras do presebe. Aínda que só era con intención de decorar o barrio, xa se converteu nun reclamo para visitantes.
Nun espazo tan reducido e, sobre todo, estreito, non é doado colocar as pezas e tampouco é fácil parar cos coches na zona por estar nunha curva. Con todo, os veciños que axudaron a elaboralo cren que eses atrancos e a súa sinxeleza constitúen o seu maior atractivo. Polo de agora, o belén do cabozo de Cartán non ten tanta sona como o de Viveiro, pero a cousa pode cambiar.
Os veciños xa teñen en mente o belén do vindeiro ano e traballan para que sexa máis completo e atractivo.