O PSOE decide manter as emendas á lei trans malia o malestar de Podemos
O PSOE decide manter as emendas á lei trans malia o malestar de Podemos
No PSOE defenden que hai que garantir a seguridade xurídica e Podemos acúsaos de promover recortes de dereitos
Os socialistas manterán a emenda que esixe o aval da xustiza para cambio de sexo en menores de 14 a 16 anos
A lei trans segue atascada no Congreso polas diferenzas entre o PSOE e Igualdade sobre o dereito dos menores a cambiar de sexo no rexistro. O PSOE mantén as emendas ao proxecto, o que impedirá aprobala antes de final de ano como pretendía Podemos.
"Estamos nun momento difícil da tramitación porque é posible que os votos do PSOE e do PP se poidan sumar como xa pasou noutras tramitacións lexislativas para intentar que se produza un recorte de dereitos neste caso nas infancias trans", di Irene Montero, ministra de Igualdade.
Co texto actual só necesitarán autorización xudicial para cambiar de sexo no rexistro os nenos entre 12 e 14 anos. A emenda do PSOE amplía a intervención do xuíz ata os 16 anos.
"Unha cuestión que a ninguén lle escapa é que é imprescindible esa preservación desa seguridade xurídica e polo tanto calquera outro comentario ou consideración está fóra de lugar", afirma María Jesús Montero, Vicesecretaria xeral do PSOE e ministra de Facenda.
O PP di estar disposto a negociar co PSOE sobre a base das súas propias emendas á lei trans.
"O sanchismo e o presidente Sánchez non queren falar co PP de nada. Da lei trans, que o diga a ministra de Igualdade, vaia, non nos chamou ninguén", di Elías Bendodo, Coordinador xeral do PP.
Bendodo cre que o PSOE "debería chamar máis á porta do PP".