Montse Tomé agardará ata o último intre por Tere Abelleira
Montse Tomé agardará ata o último intre por Tere Abelleira
A pontevedresa está mancada desde o 3 de febreiro, pero a seleccionadora considéraa imprescindible para as semifinais da Liga das Nacións, que se xogarán o día 23
A galega Tere Abelleira estará na Final a Catro, en que a selección española xoga o título da Nations League e a clasificación para os xogos de París. Tanto ela coma Alexia Putellas estanse recuperando dunha lesión, pero Monste Tomé considera importante a súa presenza para liderar o grupo. A pontevedresa non xoga desde o 3 de febreiro co seu club, mais a seleccionadora agarda que poida participar en partidos de máxima transcendencia.
España xogará a súa semifinal o venres 23 ante os Países Baixos na Cartuja, escenario da final do torneo ou o partido polo terceiro posto contra Francia ou Alemaña o mércores 28. Hai dúas prazas en xogo para París 2024. A terceira é para o equipo anfitrión, e só un cadro dos presentes na semifinal da Liga das Nacións quedará sen o premio olímpico.
A convocatoria completa é a seguinte:
Porteiras: Misa Rodríguez (Real Madrid), Elene Lete (Real Sociedad) e Cata Coll (Barcelona)
Defensas: Ona Batlle, Irene Paredes (Barcelona), Olga Carmona, Oihane Hernández (Real Madrid), Laia Aleixandri (Manchester City/ING), María Méndez (Levante), Laia Codina (Arsenal/ING) e Sheila García (Atlético de Madrid).
Centrocampistas: Tere Abelleira, Maite Oroz (Real Madrid), Aitana Bonmatí, Vicky López, Alexia Putellas (Barcelona), Fiamma Benítez (Valencia) e María Pérez (Sevilla).
Dianteiras: Athenea del Castillo (Real Madrid), Mariona Caldentey, Salma Paralluelo (Barcelona), Jenni Hermoso (Tigres/MEX), Lucía García (Manchester United/ING), Eva Navarro (Atlético de Madrid) e Alba Redondo (Levante).