Morre a actriz Raquel Welch aos 82 anos
Morre a actriz Raquel Welch aos 82 anos
Convertida nunha icona sexual dos 70, no Hollywood da época alcumárona como O Corpo
A actriz estadounidense Raquel Welch, lembrada por filmes como One Million Years B.C. (Hai un millón de anos) e por ser unha icona sexual da década dos sesenta, faleceu este mércores aos 82 anos tras unha enfermidade.
Filla dun enxeñeiro boliviano que se mudou aos Estados Unidos, Raquel Welch naceu en Chicago en 1940.
O seu camiño na industria do entretemento comezou da man de Elvis Presley cun pequeno papel en Roustabout (O trotamundos) (1964) e máis tarde obtería traballos con máis peso en filmes como Fantastic Voyage (Viaxe Fantástica) (1966).
A súa carreira despegou coa aventura prehistórica de One Million Years B.C. (1966). A imaxe de Welch e o seu icónico bikini afianzou o seu status de sex-symbol nunha cinta cun póster de promoción que pasou á historia do cinema.
A súa beleza e potencial erótico foi aproveitado pola industria, que creou para ela un dos alcumes máis machistas que se lembran en Hollywood: O Corpo.
A actriz tamén foi parte de títulos como Lady in Cement (1968), xunto a Frank Sinatra, e algunhas das súas cintas máis lembradas son o western Hannie Caulder (1971) e Fathom (1967).