Morre a irmá de Raúl López, propietario de Monbus, tras o accidente en Lugo no que faleceu o seu home

María del Carmen López, de 80 anos, operada de urxencia no HULA despois do choque do 7 de agosto na estrada da Fonsagrada, faleceu este venres
María del Carmen López López, irmá do propietario de Monbus, Raúl López, faleceu este venres aos 80 anos tras permanecer ingresada por unha colisión entre un coche e un camión de transporte de madeira en Lugo.
O suceso produciuse o pasado 6 de agosto na LU-530, ao seu paso pola parroquia lucense de Gondar, e no sinistro faleceu o seu marido, Alfonso Cayuela.
A muller foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde faleceu este venres. Era a única irmá do empresario lucense e presidente do Obradoiro de baloncesto en Compostela. Os actos fúnebres e enterro celébranse esta tarde do sábado na igrexa do Rosario, en Sarria.