Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre a xornalista María Teresa Campos aos 82 anos

Morre a xornalista María Teresa Campos aos 82 anos

Ingresou con prognóstico reservado por mor dunha insuficiencia respiratoria aguda

G24.gal 05/09/2023 08:16 Última actualización 05/09/2023 22:03

A xornalista, locutora e presentadora de televisión María Teresa Campos faleceu este martes aos 82 anos no Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz de Madrid, segundo informou Telecinco, medio en que acabou a súa carreira profesional.

Campos ingresou con prognóstico reservado por mor dunha insuficiencia respiratoria aguda, e o luns á primeira hora da tarde o hospital informou de que a situación clínica da xornalista empeorara e estaba xa moi grave. 

Desde o seu ingresou o pasado domingo, a xornalista estivo arroupada en todo momento polas súas fillas, Teresa Campos e Carmen Borrego, e a súa neta, Alejandra Rubio, así como polo resto da súa familia e amigos máis próximos.

Nada máis coñecer a súa morte, son moitos os profesionais da información, compañeiros de todas as cadeas de televisión e persoas anónimas que están a mandar mensaxes de condolencias á familia a través das redes sociais.

Capela ardente

A súa capela ardente instalada no tanatorio de La Paz é un auténtico fervedoiro de xente onde non paran de chegar familiares, amigos, compañeiros de profesión como Isabel Gemio ou Ana Rosa Quintana e outras personalidades do mundo da cultura como Raphael, Yosema Juste ou Jaime Peñafiel e tamén da política como o propio presidente Pedro Sánchez ou a presidenta da comunidade de Madrid Isabel Ayuso.

Todos queren darlle o último adeus a unha das figuras máis importantes da historia da televisión en España.

Xornalista todoterreo

A xornalista María Teresa Campos, reinou nos magacíns de mañá de televisión nos anos 90 e contribuíu a renovar un formato onde aterrou da man de Jesús Hermida.

Premio Ondas en 1980 e 2002, "A Campos" foi unha todoterreo de longa traxectoria profesional que triunfou no medio radiofónico e televisivo e que bateu récords de audiencias nos programas das mañás, achegándoos aos temas de interese de "a rúa".

Non se limitou a introducir a crónica social e temas máis "lixeiros" para atraer ao potencial público desa franxa horaria, senón que deu espazo ao debate político -entón non tan habitual como hoxe-, convidando a xornalistas como Raúl do Pozo, José Oneto e María Antonia Iglesias.

A irrupción das cadeas privadas de televisión, a partir de 1990, deulle a oportunidade de emprender un longo periplo polas distintas canles, que lla disputaban tanto pola súa frescura como pola súa forma directa de interactuar co público e o seu olfacto xornalístico. Foi famosa a súa rivalidade co seu principal competidora, Ana Rosa Quintana, unha loita polas audiencias que ningunha das dúas evitou airear en antena.

Os comezos en Málaga

Nada en Tetuán en18 de xuño de 1941, entón protectorado español de Marrocos, aínda que se criou en Málaga, a xornalista comezou a súa carreira profesional con tan só 15 anos en Radio Mocidade de Málaga e alí permaneceu durante vinte anos, interrompidos por un período de cinco nos que traballou na COPE.

En 1981 trasladouse a Madrid e antes de asumir en 1989 o cargo de subdirectora de "Hoy por hoy", de Iñaki Gabilondo na SER, Campos alternou traballos en TVE e converteuse nunha "moza Hermida tardía".

Hermida, que narrou a chegada do home á lúa ao público español, deu a primeira oportunidade na pequena pantalla a moitos novos talentos e, aínda que Campos xa era unha recoñecida xornalista cando a fichou para os seus magacíns ("Por la mañana" e "A mi manera"), da súa man alcanzou moita popularidade e recoñecemento.

Traxectoria televisiva imparable

A partir dese momento, a súa actividade profesional na televisión é imparable: entre 1991 e 1996 presenta e dirixe en TVE o programa de sobremesa "Pasa la vida"; en xullo de 1996 incorpórase a Telecinco, onde se puxo á fronte de "Día a día", similar ao espazo que facía na pública, e desde 1998 presenta o programa semanal de actualidade "Cruce de caminos".

Despois de oito anos en Telecinco, onde chegou a liderar a súa franxa en 2004 con "Día a día", Campos fichou por Antena 3 TV para realizar ese mesmo espazo. Tras anos de éxito, "Día a día" deu un xiro en 2006 e transformouse en "Lo que te inTeresa", centrado en información, reportaxes e entrevistas, que desapareceu da grella pola súa baixa audiencia.

Incansable, xa con 66 anos cumpridos, traballa dous anos en "Protagonistas", de Luis del Olmo, e regresa a Telecinco para presentar o espazo de debate "El laberinto de la memoria" e posteriormente o informativo matinal "La mirada crítica", pero detéctanlle un cancro de garganta e ten que abandonar ata 2010.

Problemas de saúde

É o comezo dun historial de problemas médicos que van minando a súa saúde aos poucos -en 2017 sofre unha isquemia cerebral, despois unha suboclusión intestinal e unha caída- e coincide cun xiro da súa carreira profesional, que se vai escorando cara á crónica rosa.

Colaborou como Defensora da Audiencia en "Sálvame" e "Sálvame diario" e coprotagonizó a miniserie de telerrealidade en tres etapas "Las Campos" (2016-2018), na que participou a súa filla Terelu e nas dúas últimas a súa entón parella, Edmundo "Bigote" Arrocet.

Tamén en 2011 presentou con Rocío Carrasco o concurso musical "Nacidas para cantar", en Canal Sur.

A incansable reporteira, que en máis dunha ocasión esta orgullosa de non renunciar ao xornalismo tras o nacemento das súas dúas fillas, é autora de varios libros, dous deles de memorias,"Mis dos vidas" (2004), "Historias de mi tele. Una vida ante las cámaras" (2009), así como de "Cómo librarse de los hijos antes de que sea demasiado tarde" (1993), "Qué hombres" (1994), "Agobios nos da la vida" (1997), "Qué tiempo tan feliz" (2011), "Princesa Letizia. Una historia ficticia basada en hechos reales" (2012) y "Amar, ¿para qué?" (2014). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade