Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre Ablaye, o senegalés enfermo terminal en Marbella que loitou por reencontrarse co seu fillo

Morre Ablaye, o senegalés enfermo terminal en Marbella que loitou por reencontrarse co seu fillo

A presión social, impulsada polos médicos que o atendían no Hospital da Costa do Sol en Marbella, logrou que España axilizara os trámites dun visado para o seu fillo que puido pasar canda o pai os seus últimos días

Ablaye, o día que se reencontrou co fillo no Hospital de Marbella Ablaye, o día que se reencontrou co fillo no Hospital de Marbella
G24.gal 04/12/2022 13:11

Ablaye Mboup, o senegalés ingresado no Hospital Costa do Sol de Marbella (Málaga) cunha enfermidade terminal e que cumpriu a última vontade de despedirse do seu fillo maior, Cheikh, faleceu na madrugada deste domingo xunto ao seu primoxénito no centro sanitario.

Era un senegalés de 60 anos que residía en Fuengirola. Protagonista nas redes sociais dunha campaña que impulsaron os médicos que o atendían ata o punto de que Goberno español axilizou o visado de entrada do mozo.

Facía un mes do seu ingreso diagnosticado de hipertensión arterial pulmonar, unha rara doenza que lle provocou insuficiencia renal, hepática e respiratoria, caendo nun estado terminal.

Un dos enfermeiros que o tratou, Pablo Guardado, relatou a EFE os últimos días de vida de Ablaye, cando o senegalés sacaba "forzas de non sabemos onde”, cunha tensión “moi baixa" e "moi decaído, pero tranquilo” xunto ao seu fillo, “que non se despegou del en ningún momento” desde a súa chegada a España.

“Á  1:30 da madrugada Ablaye apagouse”, lamentou o enfermeiro, que explicou que, aínda que o seu fillo agradaba o desenlace, pola tarde estaba a chorar porque non quería que o seu pai sufrira e agora está a iniciar os contactos para tentar repatriar o corpo do seu parente ao Senegal.

O sanitario manifestou que o persoal do hospital está “apenado” debido á “implicación emocional” que tiveron con Ablaye, que estivo ingresado máis dun mes e medio, que fixera da unidade de cardioloxía “a súa familia” e que se converteu en “o paciente de todos”.

Tras varios meses de xestións con distintas administracións, finalmente o Consulado de España en Dakar facilitou hai unhas semanas a Cheikh, o maior dos tres fillos de Ablaye, un visado de tres meses para viaxar a España e poder acompañar ao seu pai nos seus últimos días de vida.

O home enviaba todo o que gañaba en España á súa familia en Senegal ata que enfermou e lle dixeron que ía morrer pronto.

O reencontro foi posible grazas ao persoal sanitario do Hospital de Marbella, entre eles o enfermeiro Pablo Guardado, quen impulsou unha petición a través da plataforma Change.org para conseguir axilizar a obtención do visado para o fillo de Ablaye, unha demanda que conseguiu máis de 63.000 firmas.

Finalmente, Cheikh chegou a Málaga o 21 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade