Cada 13 días morre unha persoa intentando sacar unha autofoto arriscada
Cada 13 días morre unha persoa intentando sacar unha autofoto arriscada
España é o cuarto país do mundo con máis falecidos por esta irresponsabilidade
O último accidente mortal ocorreu en Toledo, onde un mozo inglés faleceu mentres se gravaba escalando unha ponte de 192 metros
Hai fotos inofensivas, pero cada vez son máis os que arriscan a vida en busca da foto perfecta. O número de mortes facendo unha autofoto non para de medrar.
España é o cuarto país con máis falecidos por esta irresponsabilidade. Segundo un estudo recente a nivel mundial, cada 13 días morre unha persoa facendo unha autofoto.
O último accidente mortal producíase hai unhas horas en Toledo. Un mozo inglés falecía cando se gravaba escalando unha ponte de 192 metros de altura.
Un dos máis soados foi a caída mortal por un acantilado da modelo e influencer rusa Inessa Polenko.
Caídas a grande altura, gravando as ondas ou atropelos como un ferroviario en México son as principais causas destas mortes.
Nos últimos 15 anos, máis de 500 persoas morreron facendo unha autofoto, e a idade media das vítimas é de só 24 anos.