Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar afronta o escándalo Errejón no seu momento de maior debilidade

Sumar afronta o escándalo Errejón no seu momento de maior debilidade

A denuncia contra o exdeputado por suposta agresión sexual chega aos xulgados

A actriz Elisa Mouliaá:  "Iñigo, só si é si. Parece mentira que me pase isto contigo"

Más Madrid expulsa a deputada Loreto Arenillas, sinalada por encubrir a Errejón nun caso anterior, mentres ela denuncia ser un "chibo expiatorio" e renuncia á súa acta

G24.gal 26/10/2024 10:35

A conmoción que supuxo a renuncia de Iñigo Errejón como deputado despois de admitir comportamentos machistas sitúa agora o foco na dirección de Sumar, e en determinar se, como aseguran distintas fontes, a cúpula da formación sabía ou era consciente da denuncia contra o seu xa exvoceiro parlamentario.

Sumar reafirmaba nas últimas horas que non coñecía as acusacións por acoso contra Errejón ata este mesma semana. A crise sacode a Sumar no momento da súa maior debilidade e pon a proba o espazo que coordina no Goberno Yolanda Díaz.

Distintas voces na esquerda aseguran que xa circulaban denuncias desde hai tempo sobre o suposto comportamento machista do exvoceiro.

Algúns cren que a dimisión do seu ata o de agora voceiro non é dabondo e reclaman responsabilidades.

Más Madrid cesou este venres a Loreto Arenillas, deputada na Asemblea de Madrid. A formación acusa a súa ata o momento voceira en asuntos de Muller de encubrir o seu excompañeiro de partido noutro episodio de acoso sexual no verán de 2023.

Arenillas renunciou á acta despois de que o partido a acusara de negarse a dimitir. Critica unha "campaña de mentiras" contra ela para colocala como "chibo expiatorio".

Naquel momento foi unha denuncia anónima publicada nas redes sociais de xuño de 2023, cun fío de Twiter, borrado despois, no que unha muller acusaba a Errejón de distintos tocamentos e a Arenillas de encubrir o que pasou, tratando de "mediar" para que non fixese público o suceso.

O asunto recuperou notoriedade inmediantamente despois da dimisión do voceiro de Sumar no Congreso. A continuidade de Arenillas ameazaba con debilitar o grupo parlamentario que na Asemblea lidera Manuel Bergerot.

A denuncia da actriz Elisa Mouliaá

A denuncia presentada por Elisa Mouliaá ante a Policía xa está nos xulgados. Relata que o ata o xoves deputado e portavoz de Sumar, Íñigo Errejón, agrediuna sexualmente polo menos en tres ocasións na mesma noite de setembro de 2021 antes, durante e despois dunha festa na casa duns amigos dela á que acudiron xuntos.

Os feitos denunciados ocorreron nun ascensor de camiño á casa, nun cuarto da casa da festa que o entón deputado pechou con pasador e, por último, no domicilio de Errejón, onde a muller tivo que dicirlle: "Só si é si. Parece mentira que me estea pasando isto contigo".

Mouilaá, quen presentou a denuncia na comisaría tras anunciar en redes sociais que sufrira acoso por parte de Errejón, anexou unha captura de pantalla dunha conversa mantida cunha amiga días despois de que se produciran os feitos na que relataba o ocorrido.

Asegurou sobre a súa denuncia contra Iñigo Errejón que foi por acoso sexual e que hai probas e testemuñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade