Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre aos 85 anos Menotti, o adestrador que levou a Arxentina ao seu primeiro Mundial

Morre aos 85 anos Menotti, o adestrador que levou a Arxentina ao seu primeiro Mundial

G24.gal 06/05/2024 00:14

César Luis Menotti, o adestrador campión do mundo coa selección da Arxentina en 1978, exadestrador do Barcelona e do Atlético de Madrid e actual director de Seleccións Nacionais, morreu este domingo aos 85 anos, segundo informou a Asociación de Fútbol Arxentino (AFA). 

"Con profunda dor, a AFA lamenta informar do pasamento de César Luis Menotti. Ata sempre, Flaco querido!", confirmou na súa conta de X. Menotti naceu en Rosario e foi un dos homes máis importantes e influentes na historia do fútbol arxentino. Baixo a súa dirección, a Albiceleste bordou a primeira das tres estrelas que ten no peito. 

Foi no Mundial en plena ditadura militar en que lle gañou a Países Baixos na final (3-1) con goles de Kempes e Bertoni. Despois desa vitoria e polo estilo particular de manexar a selección, fundouse o "menottismo", circulación do balón constante, xogo ofensivo e prevalencia da técnica sobre o físico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos