Morre Gina Lollobrigida aos 95 anos, unha das grandes estrelas do cinema
Morre Gina Lollobrigida aos 95 anos, unha das grandes estrelas do cinema
Gina Lollobrigida era coñecida en Italia como a Bersagliera, pola súa coraxe para dicir as cousas e vivir como lle petaba
Lollo, unha icona do cinema italiano que en 1950 foi a Hollywood da man do magnate Howoard Hughes pero que volveu a Roma porque lle parecía unha gaiola de ouro
Premios: sete David de Donatello, dous Nastri d'Argento no cinema e Grande Ufficiale da República Italiana e Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia
A actriz italiana Gina Lollobrigida, unha das grandes estrellas da historia do cinema, faleceu hoxe con 95 anos de idade na súa casa de Roma, segundo avanzan os medios locais.
"A Bersagliera deixounos. Con profunda dor dan o triste anuncio o seu fillo, Milko, e o seu neto Dimitri. A familia pide neste momento de gran dor, por parte dos medios, o máximo respecto", reza unha nota da familia publicada polos medios italianos. Co alcume de Bersagliera coñecían a actriz xeracións de espectadores, pola súa coraxe para dicir as cousas e vivir como lle petaba.
Lollobrigida, musa e grande diva da cinematografía italiana, foi ingresada en setembro nun clínica de Roma tras sufrir unha fractura de fémur, por unha caída doméstica, da que recibira a alta. Este accidente, incansable como era a artista non lle impediu terse presentado ás eleccións xerais do 25 de setembro pola lista Italia soberana e popular co Partido Comunista.
Lollobrigida naceu en Subiaco o 4 de xullo de 1927 e, tras a guerra, na súa mocidade, mudouse á próxima capital italiana, Roma, onde empezou a estudar.
Está considerada unha das grandes actrices do cinema italiano, desde os seus inicios en 1946 en 'Aquila neta' de Riccardo Freda ata traballar con algúns dos directores máis soados, como Pietro Germi, Mario Monicelli, Vittorio De Sica ou Mario Soldati.
A súa fama ascendeu enormemente nas décadas dos cincuenta e dos sesenta, tamén polo seu papel no ciclo "Pane, amore e..." de Luigi Comencini.
Naqueles anos, a Lollo dividíase entre os estudos de Cinecittà de Roma e Hollywood, con traballos inesquecibles como 'Beat the Devil' ('A burla do diaño', 1953) con Humphrey Bogart, ou 'Trapeze' (1956) con Tony Curtis e Burt Lancaster.
Era "A donna più bela do mondo", como recitaba aquela película de 1955 de Robert Z. Leonard, pero tamén a raíña de Saba no filme "Salomon and Sheba" de King Vidor con Yul Brynner, que tivo que substituír a Tyrone Power, morto durante a rodaxe.
Lollobrigida marchara a Hollywood en 1950 da man do magnate Howoard Hughes, pero que volveu a Roma porque lle parecía unha gaiola de ouro. Como vinganza Hughes, co que asinara un contrato, non lle deixou traballar en América ata 1956.
Foi unha actriz premiada no cinema e recoñecida no mundo da política: sete David de Donatello, dous Nastri d'Argento no cinema e Grande Ufficiale da República Italiana e Cabaleiro da Lexión de Honra de Francia
A súa vida persoal e amorosa foi axitada. En 1949 casou co médico esloveno Milko Skofic, con quen tivo un fillo, Milko. En 2010 casou en segredo co empresario español Javier Rigau, trinta anos menos.
Posteriormente a diva asegurou casar mediante enganos e, tras un proceso xudicial no que Rigau foi absolto, conseguiu a nulidade matrimonial por parte do Vaticano.
Os seus últimos anos pasounos na súa impoñente vila na Apia Antica de Roma acompañado por algún asistente, entre estes o mozo Andrea Piazzola, de 35 anos, acusado de espoliar o seu inmenso patrimonio.
Precisamente Piazzola foi levado aos tribunais polos familiares de Gina, que obtiveron a protección xudicial dos seus bens.