Morre un home atropelado na A-52 ao seu paso por Ponteareas
Morre un home atropelado na A-52 ao seu paso por Ponteareas
Malia os esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do falecido, que quedou tendido sobre a vía tras ser alcanzado por un vehículo
Un home foi arrolado por un vehículo tras irromper esta medianoite na A-52 ao seu paso por Ponteareas.
Malia os esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do falecido, que quedou tendido sobre a vía tras ser alcanzado por un vehículo.
Ás 12 horas da noite, o condutor implicado no accidente alertou o 112 Galicia de que acababa de atropelar unha persoa que interceptou na vía no quilómetro 292 da A-52 en sentido Ourense, ao seu paso polo municipio pontevedrés de Ponteareas. Inmediatamente, detívose na beiravía poucos metros máis adiante.
Outros condutores que circulaban polo lugar comunicaron ao 112 o acontecido. A persoa quedara tendida sobre o carril esquerdo da calzada.
Ante a gravidade da situación, ao ser ademais de noite e unha vía cunha notable afluencia de vehículos, o 112 informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil de Ponteareas. Á súa chegada, os servizos sanitarios trataron, sen éxito, de salvar a vida da persoa atropelada.
Os operarios de mantemento das estradas desprazáronse ata o punto a fin de restablecer as condicións óptimas de circulación.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dunha persoa que foi atropelada na #A52, en #Ponteareas. As forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso.
— 112Galicia (@112Galicia) October 4, 2022
Interviñeron: sanitarios, @guardiacivil Tráfico, Policía Local, Protección Civil de Ponteareas e mantemento da estrada. pic.twitter.com/AVEOad0M5R