Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home en Pontedeva ao envorcar o tractor que manexaba nun monte

Morre un home en Pontedeva ao envorcar o tractor que manexaba nun monte

A vítima quedou atrapada debaixo do vehículo agrícola

No momento do accidente estaba realizando tarefas de roza no monte, no lugar das Lamas

G24.gal 09/07/2024 09:16

Un home falece en Pontedeva tras envorcar o tractor que manexaba nun monte. Foi necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para liberar a vítima, que quedou atrapada debaixo do vehículo agrícola.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 00:20 cando un particular contactou cos xestores de emerxencia solicitando axuda para a vítima. Na súa chamada, indicaba que estaba a ver unha persoa atrapada debaixo dun tractor, que podería estar falecida. Segundo indicaba esta persoa, o home estaba rozando unha viña cando sucedeu o accidente.

De inmediato, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do GES de Celanova, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil.

Así, tras chegaren ao lugar e liberaren a persoa, os servizos de emerxencia tan só puideron confirmar o seu pasamento.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home no momento de sufrir o accidente estaba realizando tarefas de roza no monte, no lugar As Lamas, situado en Pontedeva (Ourense).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade