Morre unha muller no incendio da súa vivenda en Ourense
Morre unha muller no incendio da súa vivenda en Ourense
No lume arderon materiais que estaban acumulados no interior do inmoble
Unha muller morreu nun incendio que se declarou na Noiteboa na súa vivenda na rúa do Bierzo, en Ourense.
Segundo informa o 112 arderon materiais que estaban acumulados no interior da vivenda. Algunhas testemuñas apuntan que a vítima podía padecer a síndrome de Dióxenes.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dunha muller tras un incendio na súa vivenda en #Ourense.
— 112 Galicia (@112Galicia) December 25, 2024
📍 Rúa do Bierzo.
➡️ Arderon materiais acumulados e os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento.
🚨 Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros, @policia e Policía Local. pic.twitter.com/A2Rc73ZjEs
A muller de avanzada idade falecida, vivía no cuarto andar deste difificio situado na rúa do Bierzo, no barrio da Milagrosa, en Ourense. Foron os seus veciños Luís e Rafael os que cheiraron o fume na súa casa e deron a voz de alarma. Trataron de salvala, pero non foi posible. Abriron a porta da súa casa cunha maza, pero a muller estaba xa morta detrás da porta.
Os efectivos sanitarios desprazados ata o lugar do suceso so puideron confirmar o seu falecemento.