Morre un home ao envorcar o "boogie" que conducía en Sada
Morre un home ao envorcar o "boogie" que conducía en Sada
O accidente sucedeu nun camiño de terra no lugar de Carnoedo
Emerxencias de Galicia informa dun accidente de tráfico cunha persoa morta ao envorcar o vehículo que conducía, en Carnoedo.
O sinistro rexistrouse nun camiño de terra entre Carnoedo e Veigue. Protección Civil indica que o condutor puido perder o control do vehículo. Trataríase dun boogie, un medio para desprazarse semellante aos quad.
O accidente sucedeu na ruta de Soñeiro-costa de Carnoedo, a uns 400 metros dunha estrada asfaltada.
Ata o lugar do sinistro, ademais dos servizos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento do condutor, desprazáronse bombeiros de Betanzos, axentes de Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, e efectivos de Protección Civil da comarca.
🔴#AXEGAInforma dunha persoa falecida en #Sada ao envorcar o vehículo que conducía, en Carnoedo.
— 112Galicia (@112Galicia) April 2, 2023
Ademais dos servizos sanitarios que só puideron confirmar o falecemento do condutor foron informados: #BombeirosBetanzos, @guardiacivil Tráfico, Policía Local e Protección Civil. pic.twitter.com/dSfTrdZq0h