Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren as 61 persoas a bordo do avión que se estrelou nunha cidade próxima a São Paulo

Morren as 61 persoas a bordo do avión que se estrelou nunha cidade próxima a São Paulo

A aeronave realizaba o traxecto entre Cascavel e o aeroporto internacional de Guarulhos

Lugar onde se estrelou o avión en Vinhedo, estado de São Paulo, este venres
G24.gal 10/08/2024 09:28 Última actualización 10/08/2024 20:41

Un avión brasileiro con 61 persoas a bordo, entre eles os catro tripulantes, caeu en picado este venres sobre unha zona residencial da cidade de Vinhedo. Non hai sobreviventes, conforme informa o concello dunha cidade veciña, Valinhos.

O aparello da compañía Voepass, engalou de Cascavel, no Estado de Paraná, e voaba con destino ao aeroporto internacional de São Paulo. O presidente do Brasil, Luiz Inácio da Silva, tamén deu por mortos todos os ocupantes da aeronave.

Trátase do accidente máis grave rexistrado no Brasil nos últimos cinco anos. 

Segundo a aeroliña, no aparello, un bimotor de modelo ATR-72-500 que facía o traxecto entre a cidade de Cascavel e São Paulo, viaxaban 57 pasaxeiros e 4 tripulantes.

Na caída o avión danou unha casa na que vivían dúas persoas maiores que non sufriron danos físicos.

Varias testemuñas afirman que escoitaron un estrondo antes de que o aparello se precipitase ó chan, en menos dun minuto. As caixas negras do aparello xa foron recuperadas na zona do sinistro, onde seguen traballando os bombeiros para arrefriar a fuselaxe. Segundo as autoridades, o voo transcorreu sen problemas ata chegar preto do seu destino e non reportou ningunha incidencia.

As primeiras hipóteses apuntan á formación de xeo nas ás da aeronave, pero o director da Axencia Nacional de Aviación Civil, Luiz Ricardo de Souza, dixo que é moi prematuro falar das causas do accidente. Afirmou, en todo caso, que o aparello cumpría con todos os requisitos e tiña dispositivos para impedir a formación de xeo na fuselaxe.

Segundo a web especializada Flightradar, o avión realizara dous voos máis durante a mañá deste venres antes de estrelarse.

Sen superviventes, o presidente Lula pide un minuto de silencio polas vítimas 

O presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula dá Silva soubo do accidente cando se dispoñía a dar un discurso nun evento no municipio de Itajai, no estado de Santa Catarina, e interrompeu o acto para lamentar o feito.

"Teño que ser portador dunha noticia moi mala e quero pedir a todos que se poñan de pé para facer un minuto de silencio porque acaba de caer un avión na cidade de Vinhedo, en São Paulo, con 58 pasaxeiros e 4 tripulantes e parece que todos morreron", dixo Lula aos asistentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade