Cargando resultados...
Morren os pilotos dos dous avións que bateron no aire en Roma
Morren os pilotos dos dous avións que bateron no aire en Roma
Estaban facendo adestramentos militares e os pilotos faleceron no intre
Caeron anacos dunha das aeronaves nunha zona habitada
G24.gal
08/03/2023 08:05
Dous pilotos da forza aérea italiana morreron despois de chocaren os seus avións. Estaban facendo un adestramento de rutina preto de Roma, e chocaron en pleno voo.
Anacos dun dos avións caeron no centro habitado dunha vila, Guidonia, e o outro estrelouse nunha explanada preto do aeroporto militar.
Investigan que puido pasar; unha testemuña dixo que eran catro os avións en voo e que un perdeu o alerón, xirou sobre si mesmo e debeu de bater co outro.