Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen unha persoa sospeitosa do atentado con bomba en Istambul

Deteñen unha persoa sospeitosa do atentado con bomba en Istambul

O estoupido na rúa Istiklal causou seis mortos e 81 feridos

Unha estudante galega ía cara a esa avenida e conta como viviu os primeiros momentos despois da explosión

O Goberno turco atribúe o atentado a terroristas kurdos. Hai 22 persoas detidas.

A policía acordoa a rúa Istiklal, en Istambul, onde estoupou unha bomba
G24.gal 13/11/2022 16:18 Última actualización 14/11/2022 14:30

A policía turca detivo a muller que supostamente provocou o atentado con bomba nunha céntrica rúa comercial de Istambul. Alí quedaran a esa hora varios españois. Entre eles, Irene Fraga, unha estudante galega, que hoxe nos contou en primeira persoa como se viviron eses momentos.

"Eu estaba indo cara a esa rúa. Media hora máis e podo estar eu alí", lembra Irene, aínda co susto no corpo. A moza estaba no bus e di que "foi bastante impactante. Volvín correndo para casa porque non se sabía nada. Falaban doutras dúas bombas posibles. Foi bastante angustiante".

Asegura que foron momentos de confusión, apenas tiñan información oficial do que estaba pasando. "Chegoume por redes, no grupo dos Erasmus, pero non había información. Baixou a calidade de Internet, a velocidade, pecharon Instagram, non funcionaba. Entón foi, claro, o momento de 'uf, a ver que está pasando'", conta Irene.

Zona da rúa Istiklal, en Istambul, onde se rexistrou o atentado Zona da rúa Istiklal, en Istambul, onde se rexistrou o atentado

De madrugada a policía turca detiña a sospeitosa de poñer a bomba, que deixou 6 mortos e máis de 80 feridos. O Goberno atribúe o atentado a terroristas kurdos. Canda ela hai outros vinte detidos. Mentres, a avenida onde estoupou a bomba énchese de flores, en lembranza das vítimas do atentado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade