Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mrsic asina a renovación por unha temporada máis no Breogán

Mrsic asina a renovación por unha temporada máis no Breogán

O croata chegou logo da fuxida de Paco Olmos e o seu contrato remataba ao final desta temporada

G24.gal 06/04/2022 22:12

Velko Mrsic vai seguir á fronte do Rio Breogán. O adestrador e o club da muralla chegaron a un acordo para que o croata continúe tamén durante toda a temporada que vén.

O de Split tiña contrato ata final desta temporada, lembrarán que chegou para substituír a Paco Olmos logo da fuxida súbita deste ao Burgos. Malia que el non foi quen fixo o equipo, si foi quen de conseguir un gran nivel de xogo e de resultados. Mrsic ten o equipo xa salvado matematicamente e pensando en metas maiores.

"Estou feliz. Estamos salvados e xa podemos pensar no futuro"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade